Contido coa etiqueta .
Kamala Harris

Trump gaña tamén en Arizona e culmina con vitoria en todos os estados bisagra
10/11/2024 08:07
O virtual presidente dos EUA suma 312 votos electorais fronte aos 226 da candidata demócrata

Harris promete que volverá a luz despois da escuridade e recoñece a vitoria de Trump
07/11/2024 08:24
A demócrata chamou ao gañador para "asegurar unha transición pacífica, en contraste co sucedido en 2020", cando o expresidente non recoñeceu os resultados, e pediulle que sexa "presidente para todos os estadounidenses"
Biden empraza a Trump, que garda silencio, a unha xuntanza na Casa Branca

Harris e Biden ofrécenlle a Trump unha "transición de poderes pacífica"
06/11/2024 20:11
En senllas chamadas de felicitación ao gañador, os demócratas destacaron a importancia de que haxa un transición de poderes "pacífica" e de que exerza de presidente para todos
Trump coincide con Harris e Biden na importancia de "unir o país"

Trump logra unha vitoria contundente: "Imos axudar o noso país a sandar"
06/11/2024 07:08
Non só superou os 270 votos electorais necesarios para proclamarse vencedor fronte a Kamala Harris, senón que logrou a maioria do voto popular: "É unha vitoria política que o noso país nunca viu antes", dixo o magnate
A líder demócrata cancelou este martes o discurso que estaba previsto que ofrecese ao final da xornada electoral
Os demócratas perden o control do Senado e os republicanos aspiran a reter a Cámara de Representantes

Donald Trump sumaría ata 232 delegados polos ata 216 de Kamala Harris
05/11/2024 08:31
Iso é o que sinalan os cálculos dos principais medios dos Estados Unidos, coa vista posta nos 270 que marcan a Presidencia
Segundo eses prognósticos, o candidato republicano gañaría en Carolina do Norte, un dos estados considerados clave
O escrutinio está a piques de pecharse nalgúns estados da costa leste mentres seguen votando na costa oeste
O país podería ter que esperar días para saber quen ocupará a Casa Branca a partir de xaneiro

A carreira máis apretada pola Casa Branca
04/11/2024 21:35
Donald Trump e Kamala Harris chegan á vespera electoral empatados nas enquisas
A campaña remata entre descualificacións persoais e grande incerteza polo día de despois

Analistas electorais cren que Pensilvania pode ser decisivo para o resultado nos Estados Unidos
02/11/2024 17:58
O consultor Santiago Martínez, na Radio Galega: "Pensilvania é o estado clave que pode desempatar unha campaña moi rifada nos Estados Unidos"
As enquisas dan uns resultados moi igualados onde demócratas e republicanos tamén empatan en seis dos sete estados chave, agás en Pensilvania, onde está todo por decidir

Trump dá un mitin en Nova York ante 20.000 persoas
28/10/2024 08:46
O chiste racista dun humorista indigna a comunidade latina
Kamala Harris volve a Pensilvania a nove días das eleccións

O fiscal aporta probas completas da conduta "delitiva" de Trump ao perder o poder
03/10/2024 08:25
O documento tenta desmontar o argumento de que Trump gozaba de inmunidade presidencial e, pola contra, asegura que actuou nunha capacidade privada
Trump cre que a difusión do informe do fiscal reflicte a "politización" da Xustiza

Trump culpa a "retórica" de Biden e Harris do intento de asasinato de que foi vítima
17/09/2024 09:11
O expresidente acusa os seus opoñentes de "destruíren o país"

Trump e Harris protagonizan un debate cheo de ataques persoais centrado na economía e a inmigración
11/09/2024 08:06
O magnate estoupou en diatribas sobre migración, as eleccións de 2020 ou o aborto, mentres que Harris respondeu con expresivos xestos faciais ás palabras do seu adversario e conseguiu evadir preguntas sobre os seus puntos débiles
Un 63% dos enquisados considerou que Harris tivo un mellor desempeño no debate celebrado en Filadelfia, fronte a un 37 % que opinou que Trump foi o mellor
As enquisas debuxan unhas estreitas eleccións en novembro, con Harris superando a Trump por só 2,7 puntos porcentuais no voto no ámbito nacional

Kamala Harris fronte a Donald Trump: o debate decisivo
10/09/2024 08:33
A candidata demócrata á Casa Branca Kamala Harris e o aspirante republicano Donald Trump ultiman o cara a cara desta noite, unha batalla inédita que podería ser a única
A cita prodúcese a menos de dous meses das eleccións de novembro e nun momento en que Harris adianta a Trump nas enquisas

O Partido Demócrata clausura a convención unido ao redor da candidata Kamala Harris
23/08/2024 08:09
A vicepresidenta dos Estados Unidos presentouse como a única opción a un Donald Trump "sen límites"
Harris, quen agradeceu o legado que lle deixa Joe Biden, dixo ser unha muller de clase media que "aprendeu a non ter medo"

22/08/2024 08:56
O gobernador de Minnesota, o favorito entre os máis progresistas dos demócratas, destaca pola defensa da vivenda e a sanidade como dereitos dos cidadáns

Obama pide aos EUA abrir un "novo capítulo": "Estamos listos para unha presidenta Harris"
21/08/2024 08:19
O expresidente norteamericano atacou con forza a Trump, a quen describiu como un multimillonario egoísta, que ve o "poder como un medio para conseguir os seus fins"
Michelle Obama revoluciona a convención con duros ataques a Trump e describe a Kamala Harris como a herdeira da "esperanza"

Un Biden emocionado dálle a remuda a Harris: "Amo o meu traballo, pero máis o meu país"
20/08/2024 09:00
O presidente estadounidense interveu na convención demócrata, onde recibiu unha grande ovación antes do seu discurso, nunha homenaxe ao seu medio século de traxectoria política

A convención demócrata impulsa a candidatura de Kamala Harris
19/08/2024 08:24
O Partido Demócrata cítase en Chicago para certificar o apoio a unha candidata que hai un mes non optaba á presidencia dos Estados Unidos
Joe Biden abrirá a primeira xornada, nun simbólico discurso en que lle pasará a Harris a remuda á fronte dos demócratas

Trump: "Son moito máis guapo que Kamala Harris"
18/08/2024 20:28
O candidato republicano asegura que a vicepresidenta ten "a risa dunha tola" e que é "unha lunática de esquerda radical"

Trump quere cambiar o debate, pero Harris esíxelle cumprir o pactado con Biden
04/08/2024 08:14
O expresidente quere que se celebre na cadea ultraconservadora Fox News o 4 de setembro
A candidata demócrata esixe que sexa na cadea ABC o 9 de setembro, tal e como acordaran

Trump e Harris, que recibe o apoio de Obama, practicamente empatados nas enquisas
26/07/2024 09:07
Ata o de agora, os Obama aínda non fixeran público o apoio á candidatura de Harris, moi esperado pola súa influencia e ascendencia no partido
Segundo a sondaxe de The New York Times, o republicano lideraría cun 48 % de apoio fronte á demócrata, que obtería un 47 %

Biden di que renunciou para unir o seu partido no empeño vital de salvar a democracia
25/07/2024 04:49
Por iso decidiu dar paso a unha nova xeración, como o mellor xeito de unir tamén o país
Falou da virtual candidata demócrata aos comicios, Kamala Harris, como unha persoa experimentada, dura e capaz
Donald Trump: "O discurso do corrupto Joe Biden desde o Despacho Oval apenas se entendía e foi taaaan malo!"